martes, 12 de junio de 2012

Abogados Vigo Con 100 años de Historia

HOMENAJE AL ABOGADO DE VIGO DON ROBERTO GONZALEZ PASTORIZA

Arsenio Paz Carballo é un avogado, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, membro do Consello Social da Universidade de Vigo, desde o ano 2008, segundo Orde da Xunta de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia número 39 do 25 de febreiro do mesmo ano.

Casou con Asunción Labrador no ano 1977; ambos posúen, en Ourense, unha asesoría xurídica e xestoría administrativa e, en Vilerma, Gomariz, concello de Leiro unha prestixiosa adega chamada co mesmo nome, Vilerma. Teñen como veciño ó dono doutra adega, á vez que recoñecido a nivel mundial como relator de historias no cinema: José Luis Cuerda.

Arsenio, ainda que moi vencellado a Ourense, viviu e traballou durante anos en Vigo no despacho de Roberto González Pastoriza, a quen, ademáis da relación laboral con el, tivo unha profunda relación amical. Arsenio cando fala de Pastoriza, emociona e, a pesar do trato que tiveron, na conversa que tiven con el sempre amosou un grande respecto e afecto; en todo momento sempre citouno como don Roberto.

Cando coñeciches a Roberto González Pastoriza?

Podo dicirche a data exacta. Coñecin a don Roberto o 1º de marzo de 1968.

Recordas o motivo, se se pode saber?

O que che vou dicir é moi persoal. Eu estaba aquí [en Ourense], traballando no bufete do coñecido avogado ourensán Eladio Torres Piñeiro. Acórdaste del? – preguntoume e respondín afirmativamente. Estiven uns meses con Torres Piñeiro. Eu vivía en Leiro e Eladio invitoume a traballar con el: “Ven para Ourense”. Comecei traballar no seu bufete desde 1967 ata marzo de 1968. Nese marzo do 68 un amigo meu, Manolo Rodríguez Barreiro, que era avogado en Vigo e que fora compañeiro meu de curso díxome: “Ven para aquí {Vigo] que unha persoa necesita a alguen que lle axude no despacho”. Este foi o motivo que tiven para ir a Vigo a exercer a profesión.

Ata cando estiveches?

Ata o pasamento de Pastoriza acaecido en 1985. Fun o encargado de pechar o despacho tralo seu pasamento.

Neses anos tiveches moita relación con el?

Si, desde logo que si.
Homenaxe realizada en Vigo o 4 de xuño de 1977 a Roberto González Pastoriza (quinto pola dereita sentado). Foto cedida por Arsenio Paz (o sexto pola dereita a caron de Pastoriza)

Ti non coñeciches a María Sanjurjo, a súa dona porque morreu en 1949?

Desde logo que non. Era unha famosísima concertista morta moi nova. Queres unha descrición biográfica dela?

Por suposto!

Arsenio búscaa e, entrementres, dime.

Está escrita polo mesmo don Roberto
Artigo de Xerardo González Martín sobre María Luisa Sanjurjo, muller de Pastoriza, aparecido no xornal "El Faro de Vigo" o 31 de de agosto de 1998


Arsenio Paz considero que se pudo trabucar en relación con este artigo no que se fala sobre María Luisa Sanjurjo afirmando a autoría de Roberto González Pastoriza, que, en realidade pertence a Xerardo González Martín e que foi publicado no xornal “El Faro de Vigo”, co gallo da celebración do centenario do nacemento de Pastoriza.

Un día paseando por Mos … [ti coñeces Mos? – preguntoume e afirmei que si]. Alí hai unha igrexa moi bonita, … ó pasar por diante dela don Roberto díxome: “eiquí casei eu”. Mira, unha viguesa: María Sanjurjo [aseguroume con agarimo Arsenio]

Ti a quen haberás coñecido é ós seus fillos?

Si, lembro a Roberto. Teño un mal recordo del; tivo unha mala vida polos moitos problemas siquicos que maltrataron a súa vida. Estivo a tratamento siquiátrico con López Ibor. Don Roberto tiña un mal concepto del; considerábao un sinvergonza. Case lle arruinou a vida ó fillo. O fillo de don Roberto morreu. A filla, Margarita, estaba casada cun dos Barreras; tiveron fillos, logo separaron. Supoño que ainda vive.
Artigo de Gerardo González Martín no xornal "El Faro de Vigo" do 29 de agosto de 1988 facendo unha reseña de Roberto González Pastoriza co gallo do nacemento de Roberto

A copia deste artigo escrito por Gerardo González Martín que me entregou Arsenio Paz, recibiuno este de Juan Manuel Cogolludo, o cónsul británico en Vigo. Nel se plasma a verdadeira personalidade do noso homenaxeado.

Que concepto tés de Roberto Gonzalez Pastoriza como persona e, logo, como xurista?

Don Roberto naceu en 1898, por iso o coñecin cando xa tiña 70 anos. Chamábame “meu benquerido Paz”. Tiven unha relación magnífica, moi afectiva. Don Roberto vivía só coa Forneiriña, unha señora de Moaña, que o cuidaba. Pastoriza tiña as súas rarezas como todos porque a súa vida non foi precisamente de cor de rosa por cuestiónss políticas, pero personalmente era unha gran persona. Era unha bellísima persona. Tenía unha eiva; eu lle dicía: “Don Roberto, vostede ve a vida a través do Dereito”. Era un avogado nato. Cóntoche unha anécdota da súa vida profesional. É curioso. Don Roberto tiña a biblioteca en todo o piso, Don Roberto vivira nun piso en Velazquez Moreno nun edificio moi importante que agora é da Caixa de Aforros onde lle roubaron unhas cousas que eran de Castelao, unhas pranchas de Castelao; si, eiqui llas roubaron. Después trasladouse a Queipo de Llano, número 1. E no seu membrete puña: Roberto González Pastoriza, calle Queipo de Llano, 1, antes Progreso; hoxe tamen se chama Progreso. En todo o piso tiña a biblioteca; trasladouna completa e estaba alfombrado. Estaba subscrito a dezasete revistas de dereito. Follábaas todas; da prensa facía recortes e os ía agrupando por materias.

Un día díxome: “Paz, a partir de hoxe non vou a saber nada máis de dereito”. Chegou un día en que pechou como se pecha unha porta. El vivía no cuarto andar e o bufete o tiña no primeiro. Foi unha cousa …. díxome: “Quedas aí. Ali –sinalou cara a porta do piso- podes pór unha praca que poña Arsenio Paz Carballo e Roberto González Pastoriza”. Pechou como se se lle borrara todo; non volveu facer ningunha consulta. Quedei só no despacho. Cincuenta anos de profesión pecháronse de súpeto.

Influiu moito en ti?

Totalmente.

Como xurista … era un especialista en Dereito Administrativo?

Era un especialista en moitas cousas: ,,, en dereito administrativo, en dereito contencioso-administrativo, … Era avogado de empresa. Nós levábamos no bufete moitas empresas. Quero recordarte que antes da Guerra Civil, don Roberto fora avogado da Caixa de Aforros, tamen do Concello [de Vigo]; tiña unha boa clientela e durante a Guerra, dos empresarios de Vigo, só lle permaneceu leal un: Don Antonio García Valcárcel que era dono de “La Panificadora”; coñecino porque éramos avogados de “La Panificadora”. Eu creo que Pastoriza estivo moi marcado pola política.

Roberto era un hombre de gran prestixio no campo do dereito, mesmo o quixeron nomear director xeral de Administración local, también no galeguismo pero … non quixo estar na primeira fila do galeguismo nin ser protagonista?

Influiulle moito iso e mesmo a morte da muller. Nós éramos avogados dun grupo de empresas de D. José Fernández López, o dono de Pescanova; asesorábamos a Frigolouro; don Roberto foi secretario do Consello Xeral de Frigolouro, de Granxelouro, … levábamos moitas empresas de Porriño. Ás veces íamos cear a casa de D. José Fernández López e, un día paseando polo Castro, fixámonos nun edificio neoclásico e me dixo: “Isto pudo haber sido meu”. Eu, despois, souben cal era o fundamento desa afirmación e é que cando en plena contenda do 36, naqueles anos tan turbulentos estaba na cadea, don Roberto fora pasante ou colaborador de Adolfo Perez Corispino que era Alcalde de Vigo e logo Adolfo Gregorio Espino negociou a puesta en liberdade de don Roberto mediante a cesión do dereito de opción de compra dese solar. Sabes a quen lle interesaba ese solar? – preguntoume Arsenio e, de seguido, afirmou: A Monseñor Eijo Garay [sorri Arsenio]. Después lle chamou Adolfo Gregorio Espino e lle dixo: “tes que aceptar isto, así quedas en liberdade, pero tes que renunciar á opción de compra”.

Neste intre quero crer que Arsenio Paz cando mentou a Adolfo Pérez Corispino quixo dicir Adolfo Gregorio Espino, son a mesma persoa, dado que Adolfo Gregorio Espino foi alcalde de Vigo no cuadrienio 1923-1927; entrementres, Roberto González Pastoriza foi o responsable do bufete de Adolfo, mentres este exerceu o cargo público. Arsenio en relación coa especialidade do dereito marítimo de González Pastoriza recorda que participou con el na resolución do accidente do Polycomander:

Nós eramos os avogados da consignataria Durán, de Estanislao Durán. Encargámonos da tramitación das indemnizacións que lle correspondían a tódolos afectados. Foi importante pero en relación co que veu despois [refírese ó Prestixe] fora un accidente moito menor.

Arsenio Paz ensinoume tódalas publicacións que realizou Roberto González Pastoriza e, nalgunhas, cooperou el.

Roberto era un avogado excepcional. Tivo un asunto moi coñecido, que afectaba a moita xente. Foi unha historia rocambolesca, un asunto que estivo á cabeza no ranking dos expedientes de tódalas asociacións de avogados: o caso Bugallo Pita.

¿Explicanos o cerne do mesmo?

A cuestión penal iniciouse en 1944, pero se resolvió aquí na Audiencia Provincial de Ourense no ano 1966. Vinte e dous anos de tramitación. Nese asunto, que foi moi famoso, a raíz dese asunto é que nun concurso para nomear odontólogo do Concello de Vigo houbo un señor chamado Bugallo Pita, irmán de Bugallo Pita, o crego, que puxo como méritos haber sido como odontólogo na Merca. E o defendido de don Roberto era o odontólogo Angulo que tiña a súa clínica na rúa García Barbón [de Vigo] foi o que impugnou ese nomeamento. Que non fora certo que exercera na Merca. Logo empezan unha serie de cousas que son propias dunha película. Falsificaron un número de “La Región” [xornal de Ourense]. El [Bugallo Pita] aportaba como proba unha reseña de “La Región” onde se informaba que se lle había dado posesión no cargo de dentista no ano vinte e tantos ou algo así. Só ese número do xornal ourensán estaba falsificado. Estaba procesado Outeiriño [o dono do xornal] tamén. Entonces Roberto, en representación de Angulo, empeza a revolver cousas, a revolver cousas. Fue unha tirapuxas de vinte e dous anos. Atacaron a Roberto González Pastoriza acusándoo de masón. Foi unha cousa tremenda. Un día, un tenente coronel xurídico díxolle: “Pastoriza, estás facéndoa boa, armando o merlo”. Ti dirás –respondeu Roberto. Acúsante de ser masón. “Ben, díxolle don Roberto, seredes vós os que tendes que acreditar que son masón”. O outro lle dixo: “Mira, Pastoriza, deixa fora as coñas xurídicas” e lle serviu de disculpa que tivera un asunto contra un masón, o que serviu para xustificar definitivamente diante da xustiza militar que non era masón. Sobre este asunto se descubriu despois que foron procesados tódolos concelleiros e o alcalde da Merca. Falsificaran tódolos libros de actas e toda a contabilidade do Concello desde o ano 28 porque había que facer constar e acreditar que se lle pagara a Bugallo Pita. Falsificaron tódolos libros. Por este motivo, Bugallo Pita, o irman crego do dentista, aquel fac totum que mandaba na provincia, non chegou a ser bispo eiquí na diócese. Vouche contar unha anécdota curiosa de Angulo. Don Roberto presentaba escritos, por exemplo nunha Administración, e Angulo díxolle: “Mire, don Roberto, eu presento un escrito e tras de min hai dous señores vestidos de negro que non sei o que queren; imos á oficina a ver o que pasa”. Descubriu que eran dous xesuitas que estaban facendo un dossier contra Bugallo Pita. Logo, Angulo, cando se enterou, lle dixo: “Ahora van vir dous señores de negro e lle deixo esta copia para eles”.

Tuvo problemas políticos?

Si, ainda estivo na cadea nos anos cincuenta e tantos.

Incluso estivo en Verin.

Si. Pero non teño constancia diso.

Tamén foi recoñecida a a súa amizade con Castelao.

Si … e con García Lorca. Estivo con él na Casa Pepe, en Vigo. De Castelao desde logo era amigo.

Escoitácheslle falar de Alexandre Bóveda?

De Bóveda no lle escoitei falar.

Tamén se relacionou con Alberto Vilanova?.

Desde logo que si, pero date de conta que ti tes unhas cartas con el no ano 52 e eu comecei a traballar no seu despacho no ano 68.

Don Roberto era moi reservado na súa vida privada. Coñezo anécdotas súas; souben o de Eijo Garay pero era moi reservado. Na súa mocidade se xugou a vida varias veces.

Tamén tenía moita relación có empresariado.

Si. Cando eu cheguei a Vigo éramos avogados das cinco empresas de José Fernández López, mesmo dunha empresa constructora súa. Tamén levábamos a empresa “La Panificadora”. Eu tiven a triste honra de xestionar o peche de “La Panificadora”; tocoume asinar a suspensión de pagos. A Armada Real Inglesa era cliente de el. Unha cousa curiosa é que representou a Nicolás Franco; fíxate que cousas curiosas dá a vida!. Non recordo o nome da empresa, pero un dos fac totum de Nicolás Franco lle recomendou a Pastoriza para que lle levara un asunto. Que voltas dá a vida! Un representante de Nicolás Franco lle dixo cando fue xunto a Pastoriza: “Mira quero que me leves este asunto”. Creo que era unha cousa da empresa Hércules; esta empresa recauchutaba as rodas dos coches porque era una época de escaseza. Don Roberto ordenoume dicirlle: “Eu son de Esquerda Republicana e que fora represaliado e tal”. Tívenlle que dicir de parte do representante que a Nicolás Franco lle interesaba que o representara un bo avogado. Isto demostra as voltas que puede dar a vida.

Arsenio recordaba:

Nosotros xamais presentábamos ningunha demanda se non se avisaba previamente ó demandado. Xamais. Don Roberto era un home curioso porque antes de pór un preito perdía máis tempo a veces en arranxar o asunto que o tempo en interpór o preito. Don Roberto era un home que escribía cartas con cinco copias; algunha delas xa non saía. As veces enviaba cartas a alguen que puidera interceder no asunto para evitar o conflicto. Demostra a súa categoría. Era un gran avogado en tódolos campos: no penal, no administrativo, no contencioso… Era un humanista. Recordo que íamos á Audiencia á Coruña; eu non estaba matriculado, polo que pedía venia para que eu puidera estar como axudante. Ó mellor eu levaba todo o procedemento e el era o que resolvía na Audiencia, e falaba nela. Roberto xamais anudaba o nó da grabata; xamais facía o nó, a deixaba caer cara abaixo e logo, sacaba o reló, o puña na mesa y empezaba e falaba, falaba e falaba; pasaban horas. Unha vez levábamos un asunto dun señor de Ribeira e don Roberto xa tiña anos e lle dixo ós maxistrados, algúns seguro que eran fillos dalgún compañero seu: Necesito a suspensión da audiencia porque necesito ir ó baño por problemas de próstata. Foi unha cousa curiosa porque mentres foi ó baño celebraron outro xuizo. Dicíanlle: Don Roberto, haber se vostede vai acabando. El respondía: “Tan pronto eu estea convencido do meu alegato rematarei”

Parece que era una persona entrañable.

Desde logo. Cando estaba en Vigo os venres se traballaba todo el día, os sábados íamos pola mañá. El tiña unha finca en Moaña preciosa e un deses días tremendos collía el barco, el sempre collía o barco. Eu lle decía: “Perdoe, don Roberto, leva vostede unha gabardina có día que fai”. Logo chovía. A maior parte das veces el levaba a gabardina chovía. Éralle necesaria.

Para min Don Roberto Gonzalez Pastoriza era un home moi entrañable, moi importante. Marcaba porque era un home docente. Don Roberto era un gran mestre; ensinaba. En tódolos asuntos que levaba había que profundizar na Xurisprudencia, na lexislación, como ía evolucionando a lexislación, como ía evolucionando a Xurisprudencia. Ensinaba a aprezar. Tiña esa función de ensinar. Nun procedieminto de arrendamintos urbanos Don Roberto fixo as exposicións e perdeu o preito. Un día viu ó xuiz e lle dixo o xuiz: “Don Roberto vostede estará estrañado. Vostede sabía tanto e a outra parte era tan pobre na exposición que eu me crin na obriga de ditar esta sentenza”. Ó que Pastoriza respondeulle: “Non se preocupe, señor xuiz. A próxima vez saberei facerme o burro”.

Para rematar dinlle as grazas por relembrar a vida de Roberto González Pastoriza.

Ti me removes uns anos da miña vida moi importantes para min. Eu despois de morrer don Roberto Gonzalez Pastoriza marchei e despois o despacho pechou.

No hay comentarios: